Pestanas principais

Inscrición nas Escolas infantís municipais

Presencial
xoves, 1 Abril, 2021 a xoves, 15 Abril, 2021
Tramite activo: 
Pechado
PARA QUE (FINALIDADE):
O Concello de Ames dispón de dúas escolas infantís municipais. A escola infantil municipal O Bosque, de Bertamiráns, atópase na estrada que une a capital municipal de Ames coa vila de Negreira, mentres que a escola infantil municipal A Madalena, do Milladoiro, está situada ao pé da capela do mesmo nome. A súa capacidade total é de 209 prazas, 94 no Milladoiro e 115 en Bertamiráns, que se distribúen segundo a clasificación por idades: de 0 a 1 ano, de 1 a 2 anos e de 2 a 3 anos.
 
O horario de apertura das escolas infantís de Bertamiráns e do Milladoiro é dende as 7:30 ata as 20:15 horas, sempre e cando haxa demanda ata a hora de peche. Durante a época de verán (xullo e agosto) a hora establecida de peche é ás 18:00 horas, tamén sempre que haxa demanda. En calquera caso, a Concellaría de Educación sinala que non é recomendable que o neno/a pase máis de oito horas diarias no centro.

QUEN PODE FACELO:

Nestas escolas infantís municipais son susceptibles de seren admitidas/os todas as nenas e nenos que teñan entre tres meses e tres anos, sempre e cando cumpran os tres anos antes do 31 de decembro do ano no que se matriculan.
 
COMO SE FAI:
A documentación que hai que cubrir para tramitar a solicitude de praza pódese descargar na web conciliaames.gal ou recollela nas escolas infantís municipais, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Unha vez cuberta a documentación, poderá entregarase por medio da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas dependencias das propias escolas, tamén en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa chamando aos números de teléfonos 981 538 433 (EIM A Madalena) e 682 497 369 (EIM O Bosque).
 
Debido á situación de alarma sanitaria, cumprirase estritamente o horario de cada cita, sendo estas individuais, non podendo ir en ningún caso acompañados. Asemade, deberase ir provisto de máscara, luvas e gardaranse as distancias de seguridade. Haberá que agardar fóra ata que o persoal da escola facilite a entrada e levarase toda a documentación cuberta, xa que non se facilitará ningún obxecto de escritura.

CANDO:

Do 1 de abril ata o 15 de abril abre o prazo para a solicitude de praza nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro). Posteriormente, publicaranse as listas provisionais de nenos/as admitidos/as na páxina web municipal e nas escolas infantís. Haberá un prazo para presentar posibles reclamacións. Posteriormente, entre os días 1 e 15 de xuño abrirase o prazo de matrícula.
 
DOCUMENTACIÓN:
 
PREZO:
 
RESPONSABLE: