Pestanas principais

Certificado de empadroamento

Presencial
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE)

O procedemento de "solicitude de certificado de empadroamento" regula a concesión, por parte do Concello, do certificado acreditativo dos datos persoais e domicilio, segundo constan no padrón de habitantes do municipio.

O cidadán poderá escoller o tipo de certificado que necesita, segundo a seguinte clasificación:

  • Certificado de Empadroamento Individual
  • Certificado de Empadroamento Colectivo
  • Certificado de Empadroamento Histórico
  • Certificado de Empadroamento Negativo Individual
  • Certificado de Empadroamento Negativo Colectivo

QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE

Calquera persoa física que desexe obter un certificado de empadroamento.

COMO E ONDE FACER O PROCESO

  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" de a sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
 DOCUMENTACIÓN
  • Solicitude de certificado de empadroamento.
  • Documentación acreditativa do parentesco. En caso de menores ou de persoas falecidas, deberase achegar documentación acreditativa do parentesco: libro de familia, declaración de herdeiros,etc.

NORMATIVA APLICABLE

  • Nome: Solicitude de certificado de empadroamento.
  • Unidade tramitadora: Estatística.
  • Inicio do procedemento: A instancia de parte.
  • Tipo de interesado: Persoa física.
  • Órgano de resolución: Alcaldía.
  • Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
  • Prazo de execución: 3 meses.
  • Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
  • Taxas/Impostos: Non aplica.