Online
Sede Electrónica
xoves, 16 Xullo, 2020 a sábado, 15 Agosto, 2020
Tramite activo:
Pechado
PARA QUE (FINALIDADE):
- Convocatoria de subvención para convocatoria de axudas para promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS dos centros educativos do concello de ames no exercicio 2019.
PARA QUEN:
- ANPAS dos centros educativos do Concello de Ames.
SOLICITANTES:
- Presidente ou representante da ANPA.
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
- De acordo co artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as persoas xurídicas están obrigadas a relacionarse coas administracións públicas a través de medios electrónicos.
- As solicitudes, xunto co resto da documentación, presentarase no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames, ou na Sede electrónica do Concello. Igualmente poderá presentarse no Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC), ao que poderá acceder desde o enlace dispoñible na sede electrónica do Concello de Ames.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
- As solicitudes para participar na convocatoria poderán presentarse no prazo dun mes a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP. Debido a que o anuncio saíu publicado no BOP o mércores 15 de xullo, as solicitudes pódense presentar dende o xoves 16 de xullo ata o 15 de agosto de 2020.
- As solicitudes deberán achegarse nos modelos normalizados que figuran como anexos ás bases.
- Estes anexos poderán obterse nas dependencias do departamento de Educación e ao pé deste trámite.
NORMATIVA APLICABLE:
- Lei 38/2003, xeral de subvencións e no Real Decreto 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento.
- Na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei.
- Regulamento de servizos das corporacións locais.
- Bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos do concello de Ames no exercicio 2019.