Pestanas principais

Tenentas e tenentes da Alcaldía

Un tenente ou unha tenente de alcalde é un/unha concelleiro/a dun concello ao que o alcalde, no uso das súas facultades, que lle atribúe a lei, nomeouno membro da Xunta de Goberno.

Funcións: 

A lei recoñécelle capacidade legal para substituír ao alcalde nos supostos que determina a lexislación, basicamente en caso de enfermidade, ausencia, dimisión ou falecemento, nestes dous últimos mentres se procede á elección polo pleno do novo alcalde. Ademais é unha persoa que axuda ao alcalde e que participa en todas as decisións importantes do Concello.