Pestanas principais

Servizos para a diversidade funcional, a dependencia e a accesibilidade

Obxectivo principal:
Recursos ou prestacións sociais  que teñen como obxectivo o apoio individualizado que garanta a autonomía persoal  dos veciños e veciñas en situacións máis desprotexidas con especial atención a menores, maiores ou persoas con algunha discapacidade ou con escasos recursos persoais facilitando a súa autonomía e favorecendo a estadía no seu domicilio.

Axuda a domicilio
O servizo de Axuda a Domicilio consiste na prestación dunha serie de atencións básicas  no propio domicilio das persoas en situación de dependencia, co fin de atender as necesidades básicas da vida diaria e incrementar a súa autonomía, posibilitando a permanencia no seu domicilio.

  • Préstamo de axudas técnicas
    Ofrece ás persoas con dificultades na autonomía persoal instrumentos que poidan necesitar para desenvolverse de xeito máis independente nas actividades da vida diaria: guindastre, cadeira de rodas, andador, cadeiras xiratorias para a bañeira... facilitando ás familias coidadoras as tarefas cotiás .
  • Servizos de podoloxía, fisioterapia, perruquería e enfermería.

Xanta na casa

Entrega do xantar a domicilio ás persoas que teñen dificultades para prepararse a súa propia comida, asegurando deste xeito unha alimentación sa e equilibrada.

Teleasistencia domiciliaria

Permite que as persoas maiores ou dependentes ante situacións de emerxencia, con só premer un botón que levan enriba de xeito permanente, contactar telefonicamente durante as 24 horas cunha central de alarmas, atendida por persoal especializado para dar resposta axeitada á crise presentada.

Transporte municipal adaptado

Facilita que persoas maiores e/ou con problemas de mobilidade poidan realizar tarefas esenciais como acudir aos servizos médicos, realizar xestións administrativas ou asistir a eventos sociais

Programa Conectad@s

Rexistro voluntario para persoas que viven soas co fin  de que dende os Servizos Sociais se fagan un seguimento efectivo de todas aquelas persoas maiores e persoas que viven soas nos seus domicilios evitando ou previndo situacións de risco derivadas da vida en soidade como poden ser o illamento, detección rápida de problemas derivados de accidentes domésticos, enfermidades, etc.