Pestanas principais

José Manuel Miñones Conde

José Manuel Miñones Conde
Designacion: 
Alcalde
Biografía: 

Nado o 17 de xullo de 1972 en Santiago de Compostela. Casado e con dous fillos, vive en Ames desde 1999.

Formación:

  • Licenciado en Farmacia en 1997
  • Doutorado pola USC en 2001 con Premio extraordinario
  • Premio do “Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos” en 2002 e Premio “Eloy Diez” de Doutorado.
  • Investigador do programa autonómico “Parga Pondal” de 2005 a 2011
  • Profesor Contratado Doutor no Departamento de Química e Física con docencia na Facultade de Farmacia da USC.

Política:

  • Concelleiro socialista desde outubro de 2009 ata a actualidade. Voceiro do grupo socialista de Ames desde febreiro de 2012 ata 2015. Candidato á Alcaldía de Ames e alcalde desde xuño de 2015 ata a actualidade.
  • Membro da Comisión de mobilidade e accesibilidade da Federación Española de Municipios (FEMP) desde 2016
  • Responsable executivo de política municipal do Comité Nacional Galego na provincia da Coruña desde outubro de 2017.
Funcións: 
Xestionará as áreas da Policía Local e Protección Civil, Seguridade cidadá e a coordinación de emerxencias. Ocupación de vías públicas. Coordinación do cadro de persoal funcionario e laboral, optimización dos recursos humanos, negociación laboral, selección de persoal. Reforma administrativa. Planificación e xestión dos equipamentos deportivos, xestión das escolas deportivas e da súa programación.
Retribucions: 

Dedicación exclusiva: 49.716,66 euros brutos anuais.

Declaracion Bens: