Desde esta web municipal trasladaremos a información necesaria sobre asuntos relevantes, novas, reportaxes, datos institucionais, transparencia, acontecementos, avisos e un largo etcétera. Queremos converter a web nunha ferramenta útil e dinámica, actualizada permanentemente e viva, que permita que a veciñanza estea non só informada do que acontece no seu Concello, senón que poida desde a súa casa facer os trámites necesarios a calquera hora do día.
24 horas ao día e 365 días ao ano é o servizo que desde esta web queremos trasladar á veciñanza co obxectivo de facilitar os trámites desde a propia casa ou traballo evitando así o desprazamento da nosa xente ata o Concello. Unha porta aberta continua co Concello que facilita o día a día e unha Administración electrónica real que baixo o nome de tramit@mes queremos que se converta na ferramenta cotidiá dos nosos veciños e veciñas.
A nosa web é un portal que non só está creado para os xóvenes do noso Concello, senón que tamén está dirixida aos nosos maiores que día a día van adaptándose ao manexo das novas tecnoloxías e que contan coa axuda das Aulas CEMIT e Informática para a súa alfabetización dixital. Un portal para a veciñanza e tamén para o emprendedor, o comercio e o tecido empresarial tan importante en Ames.
Gracias por visitarnos e esperamos seguir mellorando día a día coas túas propostas e suxerencias.

José M. Miñones Conde dispón das competencias relacionadas coa Alcaldía e coa área de urbanismo (planificación do territorio, planeamento e xestión urbanística, vivenda e rehabilitación).
Un tenente ou unha tenente de alcalde é un/unha concelleiro/a dun concello ao que o alcalde, no uso das súas facultades, que lle atribúe a lei, nomeouno membro da Xunta de Goberno.