Pestanas principais

“Unha merenda de contos” nas bibliotecas de Milladoiro e Bertamiráns os días 22 e 23 de xaneiro

Venres, 17 de xaneiro de 2020

As bibliotecas municipais acollen dúas novas sesións de contacontos para a próxima semana. “Unha merenda de contos” levarase a cabo en dúas sesións, unha o mércores 22 de xaneiro na Biblioteca do Milladoiro, e outra o xoves 23 na Biblioteca de Bertamiráns, ambos días ás 17.30 horas. Está destinado a nenos de 3 a 8 anos e a entrada é de balde.

As actividades de animación á lectura, que organiza a Concellaría de Cultura, amósalles ás nenas e nenos, mediante sesións de contacontos, o encanto que se atopa nos libros. Ao longo da próxima Semana haberá dúas sesións de contos nas bibliotecas do concello. A primeira será o mércores 22 de xaneiro na Biblioteca do Milladoiro, e o xoves 23 na Biblioteca de Bertamiráns, ambos ás 17.30 horas.

As sesións de contos abordarán ao longo deste curso diferentes temas, sempre relacionados con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal das nenas e nenos. Deste xeito, alén de fomentar o gusto pola lectura e o desenvolvemento da linguaxe, o que estas sesións procuran é promover a educación igualitaria e en valores, fortalecer o desenvolvemento cognitivo das crianzas e ofrecer ás familias unha actividade para gozar xuntas do seu tempo de lecer.

Cómpre engadir que xa está preparada a programación das bibliotecas municipais para os vindeiros meses. E aínda que se informará da programación completa nos próximos días, adiantar que en febreiro haberá dúas sesións (Milladoiro e Bertamiráns) de  “Contos para rir” o mércores 5 e o xoves 6, e outras dúas de “Nais, non hai dúas iguais”, o mércores 19 e o xoves 20. Todas serán ás 17.30 horas.

 

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Dos días de «Merenda de contos» en Ames"

Compostela 24 horas: "As bibliotecas de Ames organizan novas sesións de contacontos"

Contacontos de xaneiro nas bibliotecas

Multimedia

  • Contacontos de xaneiro nas bibliotecas