Pestanas principais

Tentáculo Rock gaña o concurso Quero Cantar 2026 co tema “Vou a cento vinte”

Luns, 13 de abril de 2026

O Teatro Colón da Coruña acolleu este domingo, 12 de abril, a final do concurso Quero Cantar 2026, organizado pola Deputación da Coruña. Na categoría infantil gañou o grupo amesán Tentáculo Rock, coa canción “Vou a cento vinte”. Nesta mesma categoría quedaron no segundo posto O Mar de Sentimentos, de Caión, coa peza “Nada pode pararme”, mentres que a terceira posición foi para Libres, de Ourense, coa peza “Quero brillar coma ti”. O evento estivo presentado por Soledad Felloza e contou coa actuación das amesás, Enma & Candela, gañadoras o ano pasado do certame na categoría xuvenil.

O Teatro Colón da Coruña encheuse este domingo para ver as bandas e solistas finalistas do concurso Quero Cantar 2026. O concello de Ames estivo representado por Tentáculo Rock, un grupo de rapaces de Ortoño e Bugallido, que interpretaron o tema “Vou a cento vinte”. O evento estivo presentado por Soledad Felloza e contou coa actuación de Enma & Candela, o dúo de amesás que gañou o ano pasado o certame na categoría xuvenil. 

O certame está organizado pola Deputación da Coruña. Por parte do Goberno municipal de Ames asistiu o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García. Asemade, contou coa participación da deputada responsable da área de Cultura, Natividade González, que é concelleira na Corporación municipal de Ames.

Tentáculo Rock foi o gañador dun certame no que participaron seis finalistas, tres da categoría infantil e outro tanto da xuvenil. En dita categoría infantil, amais da banda amesá, tamén participou o grupo O Mar de Sentimentos, procedente de Caión, e a banda Libres, chegados de Ourense. Con esta vitoria, Tentáculo Rock recibiu a oportunidade de gravar unha maqueta nun estudio profesional co seu correspondente videoclip e material musical e/ou produtos culturais en galego por valor de 1.500 euros.

Tentáculo Rock
Tentáculo Rock é unha banda formada por Carlos (vocalista), Leo (guitarrista), Lois (baixista) e Martiño (batería), rapaces de 11 anos das parroquias de Bugallido e Ortoño. Foi precisamente nesta última, na escola unitaria da Igrexa, na que Carlos, Leo e Lois comezan a compartir os seus gustos musicais e deciden formar unha banda. 

Baixo o nome de “TríoR” comezan a sorprender ao público coas súas primeiras interpretacións nas celebracións escolares. Xa no 2025, incorporan a Martiño e pasan a chamarse Tentáculo Rock, iniciando así un interesante proxecto. No medio da súa formación en diversas disciplinas, atopan tempo para ensaiar e idear novas composicións orixinais cada xoves pola tarde.

Certame Nova Nicra
Ademais de gañar o Quero Cantar, Tentáculo Rock tamén participou esta fin de semana nos premios Nova Nicra, en Negreira. A banda obtivo a terceira posición, nunha gala na que o talento de Ames foi notorio: os tres proxectos amesáns participantes foron os que integraron o podio no auditorio Afonso Eanes do Cotón. Adriana Vigo, cantante amesá de 11 anos que xa vencera o Canta con Ames, foi a gañadora deste certame. Na segunda posición situouse o dúo Enma & Candela.

Deste xeito, Adriana Vigo gañou a oportunidade de gravar un tema propio nun estudio profesional, amais do seu correspondente videoclip, Enma & Candela tamén poderán maquetar a súa canción e, pola súa banda, Tentáculo Rock recibiu un premio en metálico de 150 euros.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Catro mozos de Ames gañan a ritmo de rock o concurso Quero Cantar na categoría infantil"

La Voz de Galicia: "O Mar dos Sentimentos, do CEIP de Caión, acada o segundo premio en Quero Cantar" 

amsGO!: "Tentáculo Rock gaña o concurso Quero Cantar 2026"

Tentáculo Rock gaña o concurso Quero Cantar 2026 co tema “Vou a cento vinte”

Multimedia

  • Tentáculo Rock gaña o concurso Quero Cantar 2026 co tema “Vou a cento vinte”

  • Embedded thumbnail for