Pestanas principais

Remata a I edición do Campamento Sénior Amessán cunha gran participación

Mércores, 04 de agosto de 2021

Durante os xoves do mes de xullo, os/as máis maiores de Ames puideron desfrutar da nova iniciativa do Amessán. Os/as participantes puideron coñecer o Concello de Ames e desfrutar da actividade física ao aire libre por medio de rutas verdes espalladas polo termo municipal. En cada actividade participaron dous grupos de 10 persoas en cada tanda.

O xoves 1 de xullo inaugurábase o Campamento Sénior Amessán cunha visita a Pontemaceira. Dende entonces, cada semana os nosos veteranos e veteranas desfrutaron da excursión pola Ruta de Ríamontes, iniciándose na práctica da marcha nórdica,  da visita ao Fogar do meu burro e da ruta da Andoriña.

A última saída foi o pasado xoves 29 de xullo en que se realizou unha ruta circular por Bertamiráns. A xornada rematou cun almorzo colectivo no Pazo da Peregrina.

Luísa Feijóo, concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, asegurou que: “Este ano, tan complicado para todos/as e en especial para os nosos maiores, non quixemos despedir o curso de Amessán sen organizar algo especial no que puideran disfrutar do noso Concello con actividades grupais e ao aire libre”.

Así naceu esta I edición dos campamentos senior Amessán na que percorreron diferentes rutas, probaron actividades como a marcha nórdica ou a asunoterapia, realizaron exercicios de mobilidade ao aire libre a vez que compartiron risas, conversas, asembleas e mesmo un almorzo, actividades para espreguizar corpo e mente.

Ademais, Feijóo admite que: “Na clausura tomamos boa nota das propostas que nos fixeron para o vindeiro curso no que, se a situación sanitaria o permite, levaremos a cabo”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Un final a la altura para el Campamento Sénior de Ames"

El Correo Gallego: "Éxito absoluto na celebración do primeiro Campamento Sénior "

 

Campamento Sénior Amessán

Multimedia

  • Campamento Sénior Amessán
  • Campamento Sénior Amessán
  • Campamento Sénior Amessán
  • Campamento Sénior Amessán
  • Campamento Sénior Amessán
  • Campamento Sénior Amessán
  • Campamento Sénior Amessán
  • Campamento Sénior Amessán