Pestanas principais

Participa no obradoiro de marmeladas e confituras organizado pola Aula da Natureza

Martes, 01 de outubro de 2024

A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, continúa cos obradoiros para promover o aproveitamento sostible dos alimentos. Deste xeito, para este sábado 5 de outubro propón o obradoiro “Doce outono: obradoiro de elaboración de marmeladas, confituras e chutneys”. Dirixido a público adulto, desenvolverase de 10:00 a 14:00 horas nas instalacións da Aula de Natureza. Ofrécense 15 prazas. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Aula da Natureza organiza un novo obradoiro para esta fin de semana dirixido a persoas adultas. Será o sábado 5 de outubro, nas instalacións da Aula da Natureza, na Ameixenda, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Trátase dun obradoiro para aprender a elaborar marmeladas, confituras e chutneys.

Todas as civilizacións tentaron conservar os alimentos, especialmente os excedentes de certas tempadas, para consumilas en épocas de escaseza, un costume que se estende ata os nosos días. Dando un pequeno paseo polas nosas aldeas, durante os meses de setembro e outubro observamos que o excedente de froitas e froitos é xeneralizado. A cantidade de mazás, castañas, cabazas, tomates, etc, excede o que podemos consumir no momento, polo que é unha boa época para frear o malgasto alimentario e aprender a conservar estes produtos para seguir desfrutándoos todo o ano.

Nesta ocasión, o obradoiro proposto céntrase na preparación de marmeladas, confituras e chutneys. Será impartido polo obradoiro de cociña Hello Cooking. Será un obradoiro practico onde os participantes cociñarán, envasarán e etiquetarán as preparacións elaboradas seguindo receitas que unha conservación segura.

Para participar nesta actividade é precisa inscrición previa. Ofértanse un total de 15 prazas. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Participa no obradoiro de marmeladas e confituras organizado pola Aula da Natureza