Pestanas principais

O Certame Literario do Concello de Ames xa ten textos premiados na súa XXIII edición

Mércores, 10 de xuño de 2026

A Concellaría de Normalización Lingüística acaba de publicar a listaxe de persoas gañadoras da vixésimo terceira edición do Certame Literario de Ames. Na edición deste ano, recibíronse un total de 186 traballos, e foi na categoría de narrativa para maiores de 18 anos na que houbo un maior número de participantes, con 65 obras recibidas. As persoas encargadas de xulgar os textos desta edición foron: Manuel Portas Fernández, Carlos Negro Romero e Dolores Vilavedra Fernández; as tres pertencentes ao ámbito literario e referentes na creación literaria galega actual. O acto de entrega de premios estará presentado por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio, e terá lugar este sábado, 13 de xuño, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Pódese descargar a acta completa do xurado na seguinte ligazón.

O pasado martes, 2 de xuño, o xurado da XXIII edición do Certame Literario do Concello de Ames realizou unha xuntanza para valorar e decidir os textos gañadores de poesía e narrativa deste ano. Como vén sendo habitual, entre as obras recibidas atópanse autores de diferentes localidades, maiormente galegas pero tamén doutras latitudes. As persoas encargadas de xulgar os textos desta edición foron: Manuel Portas Fernández, Carlos Negro Romero e Dolores Vilavedra Fernández; as tres pertencentes ao ámbito literario e referentes na creación literaria galega actual.

Desta volta, os traballos premiados proceden dun total de 13 concellos de diferentes. Entre a listaxe de obras gañadoras, atópanse textos procedentes de Ames, Noia, Santiago de Compostela, A Coruña, Nigrán, San Sadurniño, Oroso, Teo, Touro, Lousame, Gondomar, Allariz e Vigo.

No concello amesán quedan catro dos galardóns: o primeiro e o terceiro premio da segunda categoría na modalidade de narrativa dirixida a mozos e mozas de 14 a 17 anos; o segundo premio da primeira categoría (ata os 13 anos) na modalidade de poesía; e o segundo premio da segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) da modalidade de poesía.

Premiados/as no certame
As nove persoas premiadas na modalidade de narrativa foron as seguintes: Aroa Domínguez Domínguez, Adriana González Leira e Ana López Canosa na primeira categoría; Elena Tedín Cobas, Enma Serrano Caneda e Sarah Muñoz Costa, na segunda categoría; e Francisco Javier Fernández Davila, Sonia Corral Franco e Israel Martínez Veiga, na terceira categoría.

En canto á modalidade de poesía, as persoas galardoadas foron: Adriana González Leira, Xela Ramos Domínguez e Lois Herva Rodríguez, na primeira categoría; María Rodríguez Maroño, Elvia Pérez Álvarez e Ana Laranga Romero, na segunda categoría; e Marta Dacosta Alonso, María Comesaña Besteiros e Clara do Roxo, na terceira categoría.

186 traballos presentados
Nesta edición, a categoría con maior participación foi a sección para persoas maiores de 18 anos na modalidade de narrativa, na que se presentaron 65 traballos. Por outro lado, na mesma franxa de idade dentro da modalidade de poesía recibíronse un total de 58 obras. Nas outras dúas categorías de poesía, dirixidas a persoas de menos de 13 anos e a autores e autoras de entre 14 e 17 anos, recibíronse 17 e 11 textos, respectivamente. Do mesmo xeito, na categoría de narrativa nesas mesmas franxas de idade, presentáronse 22 e 13 traballos, respectivamente. En total, participan no concurso 86 textos poéticos e 100 textos narrativos.

Acto de entrega dos premios
O acto de entrega de premios estará presentado por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio, e terá lugar este próximo sábado, 13 de xuño, ás 12:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, contarase coa actuación do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames que interpretará varios temas musicais.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "El Certame Literario de Ames ya tiene 27 premiados entre 186 obras de poesía y narrativa"

Diario de Santiago: "O Certame Literario do Concello de Ames xa ten textos premiados na súa XXIII edición"

O Certame Literario do Concello de Ames xa ten textos premiados na súa XXIII edición

Multimedia

  • O Certame Literario do Concello de Ames xa ten textos premiados na súa XXIII edición
  • O Certame Literario do Concello de Ames xa ten textos premiados na súa XXIII edición