Pestanas principais

O campamento sénior do programa Amessán pecha a súa sexta edición cun roteiro polo Grove, Combarro e Pontevedra

Sábado, 08 de agosto de 2026

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, organizou durante o mes de xullo unha nova edición do campamento sénior, incluído dentro do programa Amessán, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Ames. Nesta sexta edición do campamento, realizáronse 5 saídas os mércores do mes de xullo. En total, participaron 106 persoas (19 máis que na edición anterior) que realizaron diferentes actividades de envellecemento activo. Todos os mércores visitaron diferentes puntos de Galicia: a Costa da Morte, as Rías Baixas, Lugo e Ferrolterra. 

O campamento sénior Amessán 2026, dirixido a persoas de 60 anos en diante e  empadroadas en Ames, rematou o pasado mércores 29 de xullo. Na quinta edición do campamento participaron en total 106 persoas repartidas, como vén sendo habitual, en dous grupos: un no Milladoiro e outro en Bertamiráns.  

Ao longo do mes, leváronse a cabo diferentes actividades físicas e cognitivas para os nosos maiores, impartidas polos mesmos monitores que o programa Amessán. Deste xeito, realizaron andainas, actividades terapéuticas, exercicios de activación da memoria ou de cooperación, entre moitas outras actividades, que se desenvolveron como parte do programa Amessán, ampliando así a súa programación habitual ao verán. 

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, subliña “que o campamento sénior é un programa que funciona moi ben. O obxectivo é que os nosos maiores pasen un verán entretido visitando diferentes vilas e cidades galegas e tamén que continúen realizando diferentes actividades de envellecemento activo. Ademais, é unha forma de manter as sinerxias que se xeraron ao longo de todo o ano e que se manteñan tamén durante as vacacións para darlle continuidade de cara o novo curso do Amessán”.  

Complementando ás xornadas do día a día, os participantes do campamento puideron gozar de cinco saídas ao longo dos mércores do mes de xullo, visitando recoñecidos lugares e paisaxes da xeografía galega. Tódalas as excursións contaron con puntos de saída dende Bertamiráns, e outro dende O Milladoiro. 

A primeira das saídas foi o pasado 1 de xullo ata varios puntos da Costa da Morte. Nesta xornada, os nosos maiores puideron visitar o casco histórico e a zona portuaria da vila de Muros, o hórreo e praia de Carnota, a vila mariñeira de Cee e finalmente Fisterra, onde visitaron a zona do faro e gozaron das vistas que ofrece este emprazamento antes de arrancar de volta. 

A semana seguinte, o mércores 8, os campistas tomaron dirección ao sur do país, visitando a zona de Vigo. Deste xeito, os usuarios e usuarias do campamento desprazáronse ata Baiona, onde fixeron un paseo pola vila e coñeceron algúns dos espazos máis representativos da zona. Logo, movéronse ata Vigo para gozar da praia de Samil. 

A terceira das saídas, o mércores 15, foi ao emprazamento natural de Marcelle. Durante tres horas pola mañá, os campistas tiveron a oportunidade de facer unha visita completa a esta reserva na que puideron observar os animais que a habitan. Tras isto, a excursión tomou rumbo cara á cidade de Lugo. Ali, todos e todas gozaron da herdanza romana que achega a capital lucense. 

O mércores 23, a acción pasou á comarca de Ferrolterra. A excursión comezou cun paseo en lancha pola ría de Ferrol dunha hora de duración. Ao rematar, o grupo dirixiuse a Mugardos e puido gozar da beleza dunha das vilas mariñeiras galegas por excelencia, que combina unha grande tradición gastronómica e un forte patrimonio histórico. 

As saídas do campamento puxeron o ramo coa excursión, o pasado mércores 23 de xullo, á Comarca do Salnés e contorna de Pontevedra. A visita comezou cunha ruta en barco polas bateas do Grove, na que os campistas puideron degustar mexillóns e viño. Logo, houbo algo de tempo libre polo Grove antes de poñer dirección a Pontevedra. A excursión rematou na vila mariñeira de Combarro. 

O campamento sénior do programa Amessán pecha a súa sexta edición cun roteiro polo Grove, Combarro e Pontevedra

Multimedia

  • O campamento sénior do programa Amessán pecha a súa sexta edición cun roteiro polo Grove, Combarro e Pontevedra