Pestanas principais

O alumnado da EMMA participará en cinco audicións en xuño previas ao concerto de fin de curso

Luns, 06 de xuño de 2022

A Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 8 ata o 16 de xuño cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso, que terá lugar o 17 de xuño no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Alumnas e alumnos de guitarra, frauta, percusión, violín e canto demostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares, amizades e compañeiras, nunhas audicións que se desenvolverán polas tardes no corredor central da propia escola de música.

A Escola Municipal de Música de Ames encara o final do curso cunha serie de audicións do 8 ao 16 xuño, uns días antes do peche do período lectivo, o 22 de xuño, e co fin de preparar o seu concerto de fin de curso, que terá lugar no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro o 17 de xuño.

As audicións terán lugar no corredor central da Escola Municipal de Música de Ames, situada en Aldea Nova, sempre en horario de tarde e non antes das 17:00 horas. Os alumnos e alumnas interpretarán cancións de diferentes estilos musicais ante familiares, amizades e compañeiros e compañeiras. Tamén poderán asistir a estas audicións aquelas persoas que queiran ver o traballo que se realiza na escola, e que estean pendentes do prazo de inscrición para novo alumnado, que abrirá no mes de setembro.

O alumnado de guitarra será o encargado de arrincar as audicións, o mércores 8 de xuño ás 17:00 horas. Dous días despois, o venres 10 de xuño, será a quenda do grupo de frauta, ás 20:00 horas.

Xa na seguinte semana se desenvolverán as seguintes tres audicións. O luns 13 de xuño terá lugar a de percusión, ás 18:30 horas. Ao día seguinte, o martes 14 de xuño actuará o grupo de violín, ás 19:00 horas. Por último, o alumnado de canto pechará esta serie de audicións previa ao concerto de fin de curso o xoves 16 de xuño, ás 18:00 horas.

O alumnado da EMMA participará en cinco audicións en xuño previas ao concerto de fin de curso

Multimedia

  • O alumnado da EMMA participará en cinco audicións en xuño previas ao concerto de fin de curso