Pestanas principais

Invístense preto de 25.000 euros na mellora dos equipamentos da Casa da Cultura de Bertamiráns

Luns, 07 de decembro de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, vén de realizar melloras nos equipamentos da Casa da Cultura de Bertamiráns. Ditas melloras realizáronse nas instalacións da biblioteca municipal, en equipamento escénico. Equipamento de iluminación e son e en equipamento en xeral. En total, investíronse 24.657,31 euros, dos cales 12.821,80 (52%) foron achegados con fondos propios municipais, e 11.835,51 euros (48%) foron concedidos a través dunha axuda achegada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o equipamento e melloradas instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.

A Casa da Cultura de Bertamiráns inaugurada en xuño de 1997 é un dos puntos neurálxico do entramado socio-cultural do concello de Ames. A ampliación desta casa da cultura permitiu incrementar os espazos para a actividade cultural. Esta casa da cultura dispón de salas de exposición, biblioteca, sala de informática, despachos, cafetaría e un auditorio que ten capacidade para 236 espectadores no patio de butacas e 80 no anfiteatro. Tamén conta cunha sala de proxección e camerinos na planta baixa.

A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, explica que “coa mellora dos equipamentos da Casa da Cultura de Bertamiráns préndese cubrir as demandas para dispoñer das oportunas infraestruturas que permitan a adecuada realización das actividades culturais que se prestan para a veciñanza de Ames”.

As actuacións de mellora executáronse no local da biblioteca municipal onde se melloraron as condicións térmicas do espazo existente, cunha mellora substancial do devandito espazo e da calidade na atención prestada, coa instalación de climatización que permita que a temperatura ambiente se poida regular e sexa a axeitada. O importe deste gasto ascendeu a 14.350,60 euros e representa o 58,20% do investimento total.

Por outra banda, realizouse un investimento relacionado coas artes escénicas, a través do cal se instalou un novo0 carril motorizado para a apertura e peche do telón do auditorio. O importe desta gasto ascendeu a 6.625,89 euros, que representa o 26,87% do investimento. Tamén se realizaron investimentos relñacio0nadas co equipamento audiovisual ou equipamento en xeral. Deste xeito, instaláronse dous proxectores de recorte con luminaria HPL e malia instalación dunha etapa de potencia. O importe deste gasto ascende a 1.558,48 euros, que representa p 6,32% do investimento total.

Ademais, para a mellora do equipamento xeral adquiríronse dous atrís de metacrilato que inclúen dous micrófonos en cada atril. O importe deste gasto ascende a 2.122,34 euros, que representa o 8,61€ do investimento total. 

En total, investíronse 24.657,31 euros, dos cales 12.821,80 (52%) foron achegados con fondos propios municipais, e 11.835,51 euros (48%) foron concedidos a través dunha axuda achegada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o equipamento e melloradas instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Terminan las obras en la Casa da Cultura de Bertamiráns"

Revista AmesGo: "Melloras na Casa da Cultura de Bertamiráns"

Compostela 24 Horas: "Invístense preto de 25.000 euros na mellora dos equipamentos da Casa da Cultura de Bertamiráns"

Casa da Cultura de Bertamiráns.

Multimedia

  • cartel.
  • cartel.
  • Atril.
  • clima biblioteca.
  • clima biblioteca.
  • etapa
  • foco
  • Telón.
  • Telón.
  • Telón.