- Tematica
O Concello de Ames acollerá novamente as aulas de acordeón impartidas pola escola Alborada. Deste xeito, a veciñanza amesá poderá aprender a tocar este instrumento sen necesidade de saber solfexo nin ter acordeón propio, pois poderase alugar nas propias aulas. O prazo de inscrición xa está aberto e as anotacións poderán facerse no número de teléfono 667 374 409 (Alberto) ou na páxina web de Acordeóns Alborada.
A escola Alborada volverá impartir clases de acordeón en Bertamiráns. Deste xeito, todas as persoas interesadas poderán anotarse no número de teléfono 667 374 409, ou ben na web de Acordeóns Alborada. Para participar nas aulas non é necesario ter nocións de solfexo. Tampouco é preciso contar co instrumento, pois poderá alugarse no lugar das clases. A formación estará impartida por persoal de Acordeóns Alborada.
Exército de acordeóns
O pasado mes de maio, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu un concerto de acordeón amenizado polos alumnos e alumnos da escola Alborada. Arredor de 50 acordeonistas de todas as idades procedentes de Meixonfrío, Teo, Ordes, Santa Comba, Cerceda, Val do Dubra e Ames deleitaron ao público con todo o aprendido durante o curso académico 25/26.
Estes músicos, que tiñan entre 10 e 80 anos, aínda que practicamente a súa totalidade superaba os 60 anos de idade, aprenderon a tocar este instrumento dende cero a partir dun método específico e especializado orientado a todas as persoas que non teñen coñecementos nin nocións previas de linguaxe musical.
A través da escola Alborada, o alumnado de acordeón aprende a tocar este instrumento tan característico da música popular do país á vez que recorre a xeografía galega demostrando os coñecementos adquiridos nas aulas.






