Pestanas principais

Abre o prazo de preinscrición para o novo alumnado na Escola Municipal de Música de Ames

Venres, 10 de setembro de 2021

A Escola Municipal de Música de Ames abre o prazo de preinscrición para o curso 2021-2022 do 13 ao 23 de setembro. As solicitudes entregaranse, preferiblemente, a través da Sede Electrónica do Concello De Ames. A adxudicación de prazas será por sorteo o 27 de setembro ás 10.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. A EMMA informa de que, o luns 13 e o martes 14 de setembro, haberá unha xornada de portas abertas desde as 16.00 ata as 20.00 horas.

Darase de prazo ata o 4 de outubro para que os alumnos/as que obtiveron praza a confirmen; pagando o importe da matrícula. Para iso recibirán por correo electrónico (ou poderán pasar pola oficina de recadación do Concello de Ames ou pola oficina da escola de música na casa da cultura do Milladoiro) a folla de autoliquidación da taxa da matrícula. Unha vez pagada, deberán entregar o xustificante do pagamento por correo-e a esscolademusica@concellodeames.gal

Xornadas de portas abertas

Co fin de que os novos alumnos e alumnas, así como as súas familias, coñeza a Escola e os seus profesores, a EMMA organiza dúas xornadas de portas abertas. O luns 13 e o martes 14 de setembro, poderase acudir a Escola de Música, situada no Edificio Multiusos de Aldeanova,  e coñecer ao seu profesorado, de 16.00 ás 20.00 horas. Ensinaranse as aulas, resolveranse dúbidas...

As clases

Na Escola Municipal de Música de Ames impártense:
• Clases de Música e Movemento: para nenos/as nenos/as nados no 2015, 2016 e
2017
• Especialidade instrumental ou vocal e Linguaxe Musical de 7 anos en diante
(cumpridos no 2021).

Prazas ofertadas

  • Música e movemento (ano de nacemento 2015) :

Luns e mércores 17:30-18:30: 5 prazas

  • Música e movemento (ano de nacemento 2016):

Luns e mércores 18:30-19:30: 7 prazas

  • Música e movemento (ano de nacemento 2017)

Luns e mércores 16:30-17:30: 10 prazas

  • Batería / Percusión: 3 prazas
  • Guitarra/Baixo: 6 prazas
  • Violín / Viola: 8 prazas
  • Canto Moderno: 5 prazas
  • Saxofón: 3 prazas
  • Frauta Traveseira: 6 prazas
  • Piano: 3 prazas
  • Linguaxe Musical/Musica Para Adultos: As prazas destas especialidades serán cubertas principalmente con persoas que cursen especialidade instrumental ou vocal. Cando haxa alumnado que solicite só linguaxe musical poderá acceder sempre que queden prazas dispoñibles. Os horarios desta materia os poñerá a profesora tendo en conta a idade e os coñecementos dos alumnos/as.

Está previsto que estes alumnos/as novos comencen a clase a semana do 4 de outubro As clases impartiranse no Edificio Multiusos de Aldea Nova.

Para máis información, escriba a escolademusica@concellodeames.gal ou chame ao tlf 981535940.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La Escola Municipal de Música de Ames abre plazo del lunes 13 al día 23"

EMMA
Descargas: 

Multimedia

  • EMMA