Pestanas principais

>Territorio Regueifa

Xoves, 19 novembro, 2026
Ás 20.30 horas

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza un ano máis unha programación específica para a celebración da Santa Icía, patroa dos músicos. Ao longo da vindeira semana, o Concello pon en marcha diferentes concertos para conmemorar a semana da música. A Escola Municipal de Música de Ames será a encargada de dar comezo ao programa ofrecendo un concerto o martes 17, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas e convites xa están dispoñibles na Billeteira electrónica.

O Concello de Ames organiza unha semana chea de concertos con motivo de Santa Icía, a patroa dos músicos. Deste xeito, recóllese unha programación de espectáculos musicais con ofertas de música moi variada, dende o 17 ao 22 de novembro para conmemorar dita celebración. As entradas e convites para os espectáculos poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

O xoves, 19 de novembro, ás 20.30 horas, chega “Territorio Regueifa” á Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase dun espectáculo de teatro, humor, música e improvisación, no que dous regueifeiros e unha regueifeira introdúcennos na arte da regueifa, as súas orixes, a súa evolución, e a súa vixencia na actualidade.

O espectáculo combina a parte didáctica coa recreación de distintas escenas teatrais, como a primeira regueifa da historia, a incorporación da muller no mundo da improvisación rimada, ou como sería un telexornal da galega feito en verso. Ademais, o público participará de forma activa recibindo unha clase de iniciación á improvisación oral cantada, que rematará cunha gran festa musical final.