Pestanas principais

>Pedro e o Lobo, arte e movemento

Venres, 24 outubro, 2025
De 20.00 a 22.00 horas

GoPra Performance e colaboradores convidan ás familias de Ames a vivir unha experiencia única: descubrir o proceso creativo de Pedro e o Lobo nunha velada de arte en vivo. Será este venres, 24 de outubro, de 20.00 a 22.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A entrada é gratuíta.

O que vos agarda:
-Fragmentos dos ensaios dos personaxes que dan forma á obra orixinal.
-Interacción directa cos e coas artistas a través dun Q&A (preguntas e respostas).
-Mergullo na máxica fábula de Prokofiev, coa súa danza, teatralidade e musicalidade ensoñadoras (desde o ollar creativo do director artístico Lázaro Godoy e do elenco colaborativo).
-Exhibicións de obras pictóricas e esculturas lumínicas feitas con materiais reciclados: Constellation Toys.
-Unha celebración do internacionalismo, unindo culturas diversas.

Multimedia