Pestanas principais

> Obradoiro da EMMA: batucada

Sábado, 4 marzo, 2023
Ás 11:00 horas

A EMMA vai realizar, un ano máis, unha serie de obradoiros de música dunha xornada, co fin de fomentar entre a veciñanza amesá unhas condutas saudables que contribúan na súa motivación cara a música e o lecer, e que propicien unha actitude activa e participativa, repercutindo así na mellora da súa calidade de vida. Estes talleres celebraranse durante todos os sábados o mes de marzo. O día 4 terá lugar o de batucada, dirixido pola asociación Trópico de Grelos. A proposta busca achegar á cidadanía á batucada, e experimentar a percusión dun xeito accesible, dinámico e grupal. Os participantes aprenderán así a relacionarse co instrumento a través de xogos rítmicos, entrando nun ambiente festivo que convida ao movemento e ao baile.

As persoas interesadas en participar neste ou en en calquera dos outros obradoiros que se impartirán durante o mes de marzo poden realizar a inscrición dendeo luns 13 ata o xoves 23 de febreiro, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. O custe de cada curso é de 10 euros.

As prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición, e confirmadas polo departamento de Cultura a través dunha mensaxe de correo electrónico. Así mesmo, aos participantes confirmados enviaráselles un impreso de autoliquidación do pagamento, e indicaráselles o prazo no que debe realizarse o abono.