Pestanas principais

> Noites en Vela

Venres, 25 agosto, 2023
Ás 20.30 horas

Os Concellos de Ames e Negreira únense un ano máis para organizar unha nova edición do programa Noites en Vela, que terá lugar o venres, 25 de agosto, a partir das 20.30 horas, na Ponte Maceira.

Este ano o programa contempla a actuación de dous grupos. Ás 20.30 horas actuará o grupo As Pandereteiras da Costaneira e ás 21.00 horas será a quenda do grupo Tres Pesos. Ao remate dos concertos haberá fogos de artificio. Para máis información pódese enviar un correo electrónico aos enderezos cultura@concellodeames.gal e/ou cultura.deportes@concellodenegreira.es.