Pestanas principais

>Danza infantil: "Catro"

Venres, 16 abril, 2021
Ás 17.00 e ás 18.00 horas.

O espectáculo de danza e músicainfantil "Catro" representarase, da man da compañía Caramuxo teatro, en dous pases, un ás 17.00 horas e outro ás 18.00 horas, en Bertamiráns. Está dirixido a nenos e nenas de entre 6 meses e 3 anos de idade. O evento levarase a cabo en dous grupos de reducidos no escenario. 

É unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons e as texturas... co descobrer a través da danza como linguaxe e canle de coñecemento. Catro lados ten un cadrado, a miña galleta preferida, as estrelas que vexo dende a miña habitación e catro son os recunchos do meu lugar.