Pestanas principais

>Contacontos infantil "Rosalía pequeniña" ás 17.00h e ás 18.00 horas

Venres, 26 febreiro, 2021
Ás 17.00h e ás 18.00 horas

Este espectáculo infantil de música e contos, dirixido por Uxía, realizarase ás 17.00 horas e ás 18.00 horas no MIlladoiro. Haberá dúas sesións.

Uxía presenta a súa poesía nun concerto especialmente dirixido ao  público infantil e familiar, baseado no libro-disco Rosalía pequeniña, editado por Galaxia .Repertorio de Rosalía pequeniña con algúns temas tamén de María Fumaça .

Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. As entradas para asistir a ditos espectáculos tamén se poden adquirir nas Casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).