- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza un ano máis unha programación específica para a celebración da Santa Icía, patroa dos músicos. Ao longo da vindeira semana, o Concello pon en marcha diferentes concertos para conmemorar a semana da música. A Escola Municipal de Música de Ames será a encargada de dar comezo ao programa ofrecendo un concerto o martes 17, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas e convites xa están dispoñibles na Billeteira electrónica.
O Concello de Ames organiza unha semana chea de concertos con motivo de Santa Icía, a patroa dos músicos. Deste xeito, recóllese unha programación de espectáculos musicais con ofertas de música moi variada, dende o 17 ao 22 de novembro para conmemorar dita celebración. As entradas e convites para os espectáculos poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.
Para pechar esta semana da música, o domingo 22 de novembro, poderase asistir a un último concerto moi diferente aos anteriores, o Concerto de Santa Icía. Este terá lugar ás 19.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, e participan a Coral Polifónica Follas Novas, da Coruña; a Coral San Lourenzo de Belesar, de Baiona; e a Coral Polifónica de Bugallido, de Ames.





