Pestanas principais

> 25N | Cine: "As silenciadas"

Mércores, 24 novembro, 2021
Ás 20.30 horas

O mércores 24 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns proxectarase o cine documental, dirixido a adultos, "As silenciadas". Ao final da proxección, o director e guionista Pablo Ces, e a guionista Aurora Marco, asistirán a un encontro coas persoas asistentes. Reserve o seu convite na billeteira electrónica.

Investigación: Aurora Marco, Pablo Ces.
Dirección: Pablo Ces.

Documental histórico que recupera historias de vida, contextualizadas, de numerosas mulleres que estiveron na clandestinidade ou apoiaron desde o chairo o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, desterro, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e é necesario coñecelo.