Pestanas principais

>Chévere nos escaparates

venres, 17 Xullo, 2020 a sábado, 18 Xullo, 2020

Os escaparates de varios comercios de Bertamiráns e do Milladoiro converteranse por unhas horas no escenario onde o grupo Chévere amosará varias das súas creacións teatrais. A iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

A compañía, que conta entre outros co Premio Nacional de Teatro, representará cinco pezas breves: Cambio de tempada, Bailaríns pendurados, Tres Tenores, Pernas e Telesaúde.

Co obxectivo de favorecer os grupos reducidos e renovar o público constantemente, faranse 2-3 e ata 4 pases de cada peza.

Podes consultar aquí os escaparates e os horarios dos pases.