Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 4 de marzo de 2024

AVISOS
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante os días 5, 7 e 8 de marzo no Milladoiro co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha ...
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Primavera Lúdica 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Concello de Ames abre entre o 1 de marzo e o 1 de abril o prazo para que as persoas usuarias dos servizos complementarios de educación e conciliación poidan preinscribirse ou renovar praza para o curso 2024-2025, na Rede de Comedores Escolares e nos programas Bos Días Cole e Tardes Divertidas. ...

NOVAS

A Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación das diversas actividades programadas con motivo do Día Internacional da Muller 2024, que se celebra o 8 de marzo. Ao longo das vindeiras semanas terán lugar unha carreira de visibilización dos obstáculos que as mulleres deben superar a di ...

A Corporación municipal aprobou por unanimidade todos os puntos tratados na sesión ordinaria de febreiro. Aprobouse a corrección do acordo plenario de participación no plan POS +Adicional 1/2024 para gastos sociais extraordinarios do exercicio 2024; a aprobación inicial da ordenanza fiscal r ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, instalou catro novos colectores para doar roupa, calzado e complementos ao roupeiro municipal. Así, instaláronse dous en Bertamiráns e outros dous no Milladoiro. Deste xeito, facilítase a doazón de roupa e ao mesmo tempo faras ...

O Hotel Congreso de Santiago acollerá o vindeiro domingo, 3 de marzo, ás 17:00 horas, unha charla informativa sobre o programa “Vacacións en paz” da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). Ademais de coñecer o programa, as familias que o desexen poderán inscribirse p ...

O programa Apego continúa co seu programa de actividades coa sesión de  contos con música “Lúa Triangular. Nada é imposible”, de Jara Ortiz, que vai ter lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 8 de marzo, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviand ...