Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 22 de febreiro de 2022

AVISOS
A volta ciclista “O Gran Camiño” celebrarase do 24 ao 27 de febreiro polas catro provincias galegas. A segunda etapa, con saída en Bertamiráns e final no mirador do Ézaro, arrincará dende a rúa Alcalde Lorenzo o venres 25 de febreiro, ás 10:30 horas. Despois, pasará polo Milladoiro, volv ...
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Entroido Lúdico 2022, para a EEI do Milladoiro, o CEP Ventín e o CEIP A Maía.

NOVAS

O pasado mércores 16 de febreiro celebrouse a segunda reunión do Consello Sectorial de Nenas e Nenos, no que vinte rapaces e rapazas, representadas polas súas voceiras e vicevoceiras elixidas no anterior foro de participación, expuxeron as súas iniciativas e proxectos. O Consello acordou a p ...

O concello de Ames acolle o vindeiro venres, 25 de febreiro, parte da segunda etapa da volta ciclista “O Gran Camiño”. A saída realizarase ás 10.30 horas dende a rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns. Debido a iso produciranse cortes de tráfico na avenida da Maía, na estrada de Lapido e ...

Este sábado 19, oito atletas do MillaRaio participaron no campionato de Galicia sub18 de pista cuberta, obtendo seis medallas, coas actuacións destacadas de Álvaro Francos, ouro en salto con pértega, e de Daniel Cariñena, ouro en salto de lonxitude e bronce nos 200m. O domingo 20, foi a quen ...

Onte domingo 20 de febreiro celebrouse a terceira edición do Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, unha proba na que se inscribiron 343 persoas. A primeira en cruzar a meta na categoría absoluta feminina foi Lucía Peón, do club Azerbañan, cun tempo de 1:30:23, mentres que o primeiro posto masc ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 22 de febreiro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular ...