Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 22 de decembro de 2021

AVISOS
Unha meirande parte das actividades orixinalmente programadas no itinerario de Nadal da Concellaría de Promoción Económica, “Nadal con Ames na Rúa”, quedan suspendidas polo aumento de casos de coronavirus no concello, en especial nas franxas de idade máis baixas. Este incremento de contaxio ...
A representación da obra de teatro “Rosalía”, que ía ter lugar na Casa da Cultura do Milladoiro este próximo martes 28 de decembro, queda cancelada ao igual que outras actividades que acollían cativada en interiores, e como medida preventiva polo recente aumento de contaxios no concello. As ...
O campamento urbano de natureza para a rapazada, que se ía celebrar entre os días 27 e 30 de decembro, queda suspendido por mor da mala tendencia na evolución epidemiolóxica nas últimas semanas. As familias dos rapaces e rapazas afectadas serán notificados persoalmente ao longo da xornada.
A Concellaría de Educación tomou a decisión de suspender a realización dos programas Lúdicos de Nadal, previstos entre os días 22 de decembro de 2021 e 7 de xaneiro de 2022, nun acto de “responsabilidade”, segundo o concelleiro David Santomil. Estas actividades concentran a unha gran canti ...
Dende as 15:00 horas do luns 20 de decembro, e ata que a situación sanitaria o permita, queda suspendida a actividade ordinaria na EIM A Madalena, ao detectarse este pasado domingo 19 un caso positivo por Covid-19 entre o persoal de servizos xerais. Seguindo indicacións da Xefatura Territorial de ...
Por mor da situación epidemiolóxica derivada da COVID19, suspéndense os obradoiros “Decora o teu Nadal” que as Bibliotecas Municipais de Ames tiñan previsto realizar o mércores 22 de decembro na biblioteca de Bertamiráns e o xoves 23 na biblioteca do Milladoiro.
A Xornada de Cultura Urbana, organizada pola OMIX para o 22 de decembro no Auditorio de Lapido cancélase por por mor das inclemencias meteorolóxicas, dado que a meirande parte das actividades previstas (Parkour Park, Skate Parck, Slackline e Woorkout) precisan dun chan seco e é perigoso realizala ...
O Concello de Ames informa sobre os casos activos por Covid-19 no municipio. Segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 185. A incidencia acumulada a 7 días é de 257 casos, mentres que a inciden ...

NOVAS

O Concello de Ames anunciou esta mañá numerosas cancelacións en propostas de diferentes áreas, como Educación, Promoción Económica, Cultura, Medio Ambiente e Normalización Lingüística, debido ao incremento de contaxios na comarca, e como medida preventiva e de responsabilidade. O progra ...

Da man da Fundación Terra de Homes, chega á Casa de Cultura de Bertamiráns a exposición “Viaxe cara a vida” que recolle información sobre un proxecto a través do que nenos e nenas de diferentes países que sofren patoloxías graves veñen a España para curarse. A exposición estará ab ...

Un belén antigo con pezas de gran valor artístico, unha exposición de nacementos de todo o mundo, un photocall cun camelo de tamaño natural, os renos de Papá Noel e caixa de correos para enviar as cartas aos Reis Magos. Até o día 7 de xaneiro, a Asociación de Comerciantes Palmira Bulevar ...