Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 8 de xuño de 2020

NOVAS

O Concello de Ames informa que dende o día 8 de xuño de 2020, é aplicable á provincia da Coruña, e en concreto ao municipio de Ames a Orde SND/458/2020, do 30 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas, tras a declaración do estado de alar ...

Esta semana a concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitou as instalacións do pavillón polideportivo de Bertamiráns, onde se executou o proxecto de reforma dos vestiarios do pavillón polideportivo de Bertamiráns. Estas obras foron adxudicadas á empresa CYS HISPANIA SL por 54.949,61 eu ...

A Asociación Terras de Compostela, en colaboración do departamento de Turismo do Concello de Ames, organizan un taller para os establecementos do sector turístico sobre medidas hixiénico-sanitarias fronte á Covid-19. Será o próximo mércores, 10 de xuño, de 16.30 a 19.00 horas. Para asist ...

Este venres, 5 de xuño, retomáronse as sesións de Xuntas de Goberno Local trala aprobación o día 1 de xuño dun decreto por parte de Alcaldía no que se deixaba sen efecto a avocación, durante a duración do estado de alarma, da totalidade das competencias delegadas pola Alcaldía na Xunta ...

Ante as dúbidas trasladas por algúns usuarios con respecto á Escola de Verán 2020, o Concello de Ames quere informar que o regulamento da Escola de Verán aprobado en febreiro de 2019 será o que rexe o funcionamento para este ano. O servizo de conciliación, que se desenvolve ...

AVISOS

Dende a Concellería de Deportes, quere deixarse constancia de que a actividade de patinaxe "Verán sobre rodas" que se leva a cabo, un ano máis, no CEIP Agro do Muiño, é unha actividade na que o Concello de Ames nin organiza, nin colabora ou subvenciona.