Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 4 de outubro de 2019

AVISOS
Este sábado, 5 de outubro, durante o horario no que se desenvolve o mercado de rúa, en Bertamiráns, instalarase unha carpa con información sobre o proxecto de compostaxe de residuos orgánicos municipais na primeira fase de comedores escolares. Ao mesmo tempo as persoas interesadas poderán lev ...
O GDR 19 Asociación Terras de Compostela organizou para este martes, 8 de outubro, un taller formativo sobre socorrismo e primeiros auxilios, no marco do programa formación “Calidade Turística en Destino”. Este obradoiro desenvolverase no Centro de formación de Aldea Nova, en Ames, en horari ...

NOVAS

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, o responsable da empresa Emesports, Ezequiel Mosquera, e o director técnico da delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Jesús Silva, presentaron esta mañá a vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que es ...

Os centros de ensino secundario de Ames xa contan coas fichas de inscrición para que o alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO poida participar dunha nova edición do Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames “Desata a Lingua”. O certame ten por obxecto dinamizar dun xeito lúd ...

Desde o ano 2015, a Fundación INGADA realiza o Camiño da Diversidade, unha actividade educativa e de lecer que se desenvolverá o sábado, 12 de outubro, e que ten como finalidade potenciar os valores de solidariedade, compañeirismo, respeto e vida saudable.  A marcha consiste na realizac ...

Esta mañá celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a adxudicación do proxecto de mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública no Milladoiro, así como a convocatoria de subvencións destinadas ao apoio económico ás familias numerosas. Outros asun ...

Unha delegación da Asociación de Alfombristas de Ames, encabezada por María José Bello, participou a finais do pasado mes de setembro na XIV Trobade de Catifaires de Catalunya, na localidade de Arbucias, en Xirona. A artista amesá achegou ao encontro a elaboración da alfombra floral “Ames ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, colabora coa organización Acción contra a Fame, na organización do evento Emprende Innova Comparte en Galicia, que se celebrará o vindeiro xoves, 10 de outubro, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Haberá tal ...

Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, o concelleiro de Obras, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, traballadores/as municipais e representantes das empresas adxudicatarias, visitaron as obras feitas na rúa Agro do Medio e do pavillón polideportivo do Milladoiro, p ...

O proxecto Enreguéifate, promovido polos concellos de Ames, Santiago de Compostela e Teo, chega ao remate dunha nova edición coa celebración da gala de entrega de premios que terá lugar o venres, 11 de outubro, no Teatro Principal de Santiago de Compostela a partir das 20:00 horas. Séchu Sen ...

Preto de vinte veciños e veciñas de Ames participaron este pasado domingo, 29 de setembro, na xornada de limpeza simultánea de ríos e regatos en toda Galicia, baixo o nome “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consis ...