Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 13 de setembro de 2019

AVISOS
A Concellaría de Benestar Social informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) estará os días 16 e 17 de setembro no Milladoiro e Bertamiráns, respectivamente. O vehículo estará ao carón da praza da Maía, en Bertamiráns, e na rúa Cruxa, ...

NOVAS

O Concello de Ames e a Deputación da Coruña investirán 357.303 euros nas obras de renovación do campo de fútbol de Bertamiráns, dotándoo dun novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración e dunha bancada máis cómoda para os espectadores. O convenio para cofinanciar ditos ...

Esta semana o alcalde de Ames, José Miñones, e maila concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, mantiveron unha xuntanza cos representantes da consultora do transporte metropolitano para explicarlles as alegacións presentadas polo Concello de Ames ao proxecto de explotación de servizos pú ...

O concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, e a técnica de Turismo, Sonia Moure, participaron en A Estrada do II Encontro Leader Galicia que, baixo o epígrafe “O Leader e o turismo como dinamizadores do rural”, serviu para poñer de relevancia o investimento, a innov ...

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este xoves, 12 de setembro, a adxudicación da obra de construción do novo comedor do CEIP A Maía. O proxecto, que foi adxudicado á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A. por un importe de 389.575,76 euros, está incluído dentro do Orzamen ...

O Concello de Ames e o Club de Natación Cidade de Santiago organizan o próximo sábado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha travesía a nado composta de tres probas para un total de cinco categorías. A concelleira de Deportes, Susana Señorís, o concelleiro de Transición Ecolóxica e ...

O Concello de Ames e a Asociación de Xubilados e Pensionistas do Milladoiro (JUPEMI) van levar a cabo mañá venres, 13 de setembro, a inauguración da Casa dos Maiores no Milladoiro.Trátase do antiguo local de JUPEMI do que se municipalizou a súa xestión no mes de abril, recollendo unha vell ...