Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 28 de xuño de 2019

AVISOS
O Concello de Ames achega información de interese sobre os campamento municipais de verán: Mar de Arousa, Galipark multiaventura e Fragas do Eume.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

NOVAS

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) outórgalle ao Proxecto Youtubeir@s o Premio Mil Primaveras na categoría de proxecto máis innovador. A decisión do xurado, que se fixo pública este xoves, apoiouse no uso por parte do proxecto dun medio prioritario para ...

A aula CeMIT de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, presenta a súa programación de xullo enfocada no tempo libre de menores e adultos. Durante o sétimo mes do ano a oferta formativa da aula constará dun total de oito cursos de temática variada, nos que os e as participantes pod ...

A Praza do Concello acolleu esta mañá ás 12.00h un acto constitucional para conmemorar e celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBQI, no que se congregaron varios membros da corp ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, abre o prazo para inscribirse nas actividades terapéuticas de verán que se desenvolverán nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro durante os meses de xullo e agosto. As actividades de ioga e pilates impartiranse en horario de ma ...

Esta mañá o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación de Santi Valladares como novo membro da estrutura deportiva do F.C Meigas. En dito acto estiveron o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, o adestrador e novo membro da dirección dep ...

Este venres, 28 de xuño, arrincan as festas patronais de San Pedro de Bugallido, cun programa cargado de música e folclore. As orquestras Gran Parada e Ibiza serán as encargadas de marcar o comezo das festas cunha gran verbena nocturna. Ao longo da fin de semana, actuarán na localidade un tot ...