Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 24 de setembro de 2019

AXENDA

Este sábado, 28 de setembro, ás 12.00 horas, a Biblioteca de Bertamiráns, acolle a presentación do libro de literatura infantil, Ben va al Cole, da autora Dru Parbel. A presentación correrá  cargo da concelleira de Cultura, Natividade González Rodríguez.

NOVAS

O Concello de Ames desenvolveu a pasada semana unha serie de actividades para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade (SEM) 2019, que se celebrou do 16 ao 22 de setembro baixo o lema “Camiña e pedalea de maneira segura”. Co obxectivo de fomentar a mobilidade sostible, circular e camiñar d ...

A Casa do Concello acolleu este luns, 23 de setembro, a presentación da I Ruta Biker Aultruísta “Animalíate”, un evento solidario que se desenvolverá o sábado, 12 de outubro, na zona da Casa da Cultura do Milladoiro. A Asociación Ángeles caídos sobre ruedas e o grupo Bikersolitari@s, ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, e a organización Acción contra a Fame, colaboran na posta en marcha do programa Vives Emprende, correspondente ao segundo semestre deste ano, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou ...

A Aula de Informática do Milladoiro abre hoxe o prazo para anotarse nos cursos que ofrece para este último trimestre do ano 2019. A oferta está formada por un obradoiro de mecanografía para adultos; outro de correo electrónico tamén para maiores de 16 anos; e un curso de iniciación á prog ...

O alcalde de Ames, José Miñones, vén de manter unha xuntanza coa nova Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, na que a invitou a visitar o concello de Ames. Nesta reunión tamén se tratou o tema da accesibilidade no que o Concello está a realizar un importante investimento neste ...

O Proxecto Youtubeir@s está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. Es ...

Diferentes asociacións de Ames manteñen aberto durante este mes de setembro o prazo de inscrición para participar dos diferentes grupos de música e baile tradicional que ofertan para este próximo curso. A concellaría de Cultura aposta un ano máis pola promoción dos valores tradicionais no ...

AVISOS

Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...