Axenda

Ex., 07-06-2024
Sábado, 11 de maio de 2024

O Campo da Festa da Bugallido acolle o sábado, 11 de maio, a II Feira do Pan e do Cereal. Unha feira que nace co obxectivo de animar ás persoas do rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada; cultivos que noutros momentos quedaron relegados e que agora teñen unha grande oportunidade de triunfar da man da recuperación e valoración do pan tradicional. O evento, que busca ser un referente dentro do seu sector, arranca ás 11:30 horas con exposicións, charlas, obradoiros e degustacións. Todas as actividades son de balde e con entrada libre ata completar aforo.

Sábado, 01 de xuño de 2024

O sábado 1 de xuño vaise desenvolver unha nova camiñada teatralizada, a cargo dos Quinquilláns, polas Fragas do Tambre. Esta actividade, que se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.30 horas, arranca na aldea de Oca e discorre pola capela do Corpiño e por preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. O percorrido ten unha distancia de 4 quilómetros e ao remate serviranse uns petiscos saudables. Para participar é preciso inscribirse. Para iso hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 40 prazas.