Pestanas principais

>Obradoiro de cosmética natural

Sábado, 12 decembro, 2026
De 11.00 a 13.30 horas

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro organizarán diferentes actividades para poñer en valor o entorno natural de Ames e relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, obradoiros de cociña de outono, xornadas de recollida de lixo no rego do Ameneiral e no monte, unha ruta ambiental, un obradoiro de cosmética natural e maila sexta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

De cara a época de Nadal celebrarase un obradoiro para realizar agasallos de xeito natural. Poderanse aproveitar e reciclar os produtos da nosa contorna, así como realizar un bo aforro nos gastos desta tempada.

A sesión será o sábado 12 de decembro, de 11.00 a 13.30 horas, e centrarase na cosmética artesanal. Así, poderanse facer cremas de mans ou bálsamos labiais, entre outros.

Esta actividade conta con 20 prazas dispoñibles e ofrecerá servizo de autobús.