Axenda

Ames acolle a cuarta edición do Fest For Dent, un festival solidario cuxa recadación se destina ao estudio da enfermidade de Dent, unha doenza rara que afecta a nenos e que non ten cura a día de hoxe. A investigación desta enfermidade realízase no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, a través do Nefrochus (Laboratorio de Xenética de Enfermidades Renais). Este ano cóntase con Abraham Cupeiro, un artista coñecido polo seu estudio de instrumentos tradicionais de todo o mundo, que ofrecerá un concerto o venres, 30 de maio, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. A cuarta edición do Fest For Dent celebrarase o sábado 21 de xuño, a partir das 17.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Proximamente anunciarase a programación de dito festival solidario.