Pestanas principais

>Abraham Cupeiro: Resoando no pasado

Venres, 30 maio, 2025
Ás 20.30 horas

Ames acolle a cuarta edición do Fest For Dent, un festival solidario cuxa recadación se destina ao estudio da enfermidade de Dent, unha doenza rara que afecta a nenos e que non ten cura a día de hoxe. A investigación desta enfermidade realízase no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, a través do Nefrochus (Laboratorio de Xenética de Enfermidades Renais). Este ano cóntase con Abraham Cupeiro, un artista coñecido polo seu estudio de instrumentos tradicionais de todo o mundo, que ofrecerá un concerto o venres, 30 de maio, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. A cuarta edición do Fest For Dent celebrarase o sábado 21 de xuño, a partir das 17.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Proximamente anunciarase a programación de dito festival solidario.

O IV festival solidario Fest For Dent está organizado pola entidade Art for Dent (Asociación Galega da enfermidade de Dent), Culturactiva e o restaurante Onde Keiras. Ademais, nesta iniciativa colaboran os Concellos de Ames e Brión. Este ano o festival celebrarase no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, o sábado 21 de xuño, a partir das 17.00 horas. A programación de dito festival anunciarase nas próximas semanas.

Ademais da programación do propio festival, nesta edición cóntase cun concerto a cargo de Abraham Cupeiro, un artista coñecido polo seu estudio de instrumentos tradicionais de todo o mundo. Cupeiro ofrecerá un concerto o venres, 30 de maio, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas para ver este espectáculo xa están practicamente esgotadas. Trátase dun concerto 100% solidario. Aínda así existe unha Fila 0 para aquelas persoas que queiran colaborar.