Axenda

Ex., 21-09-2024
Sábado, 21 de setembro de 2024

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, comeza unha nova tempada na que organizará novas actividades de formación en novas tecnoloxías e outras cuestións de interese. A primeira actividade, un obradoiro avanzado de LibreOffice, está prevista para este sábado, 21 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, no Milladoiro. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

Sábado, 21 de setembro de 2024

A Aula da Natureza inaugura a súa programación de actividades para este outono cun obradoiro de marmelos e confituras. Será o sábado 21 de setembro, de 11:00 a 18:00 horas, nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda. Deste xeito, para esta fin de semana organízase un obradoiro para aprender a elaborar doce de mazá e confitura de moras  dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos. Máis adiante, organizarase un obradoiro similar para adultos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto ata o venres 20 de setembro, ás 14.00 horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Sábado, 21 de setembro de 2024

Dentro da "Semana Europea da Mobilidade" o sábado 21 de setembro, ás 20:30 horas, DJ WANA ofrecerá unha sesión dj no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.

Sábado, 21 de setembro de 2024

O sábado 21 de setembro, dentro da "Semana Europea da Mobilidade", celébrase a actividade “Xogos en bici”, unha proposta de xogos populares en bicicleta orientados á rapazada a partir de 4 anos. Desenvolverase dende as 17:00 ata as 20:00 horas no aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro (en fronte da escola infantil).

Domingo, 22 de setembro de 2024

Dentro da "Semana Europea da Mobilidade" o domingo 22 de setembro, ás 10:00 horas, terá lugar unha andaina pola senda verde que une o Milladoiro con Bertamiráns. A andaina partirá da igrexa de San Xosé do Milladoiro.

Xoves, 26 de setembro de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Venres, 27 de setembro de 2024

O mes de setembro comeza nas bibliotecas cun “Obradoiro de cómic” da man de Santy Gutiérrez, que se celebrará o venres 27, ás 17:00 horas, no Milladoiro. As inscricións poderán realizarse do 16 ao 24 de setembro a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, ou chamando ao número de teléfono 981 53 08 07 da biblioteca do Milladoiro.

Sábado, 28 de setembro de 2024

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames propón neste mes de setembro unha nova actividade enmarcada dentro do programa Trouleando que conxuga natureza, deporte e diversión: unha xornada no Galipark en Padrón, un parque multiaventuras cunha ampla e variada gama de actividades nas que pasar unha xornada de ocio en circuítos de altura (pontes colgantes), tirolina, rocódromo, tiro con arco, pistola láser tag, deslizador acuático e piscina. Será o sábado 28, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.

Sábado, 28 de setembro de 2024

O sábado 28 de setembro, o programa Apego propón unha excursión a Carballolandia, na Ribeira Sacra. Dirixido a público familia, será unha aventura na que as familias visitarán o espazo de Carballolandia, o eco-museo do Pazo de Arxeriz e a contorna do río Miño para achegarse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. A saída está prevista para as 9:30 horas, e a volta para as 21:00 horas.

Xoves, 03 de outubro de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).