Axenda

Ex., 04-06-2024
Venres, 14 de xuño de 2024

O venres 14 de xuño, ás 18:00 horas, Ana Prema levará á Casa da Cultura do Milladoiro a actividade "Tecendo Fíos". Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dunha actividade para aprender a crear espazos compartidos de felicidade e de quietude, de palabras, de historias, de silencios, de xogo, de divertimento e de calma.

Venres, 14 de xuño de 2024

O grupo municipal de teatro integrado por adultos, estrea o 14 de xuño na Casa da Cultura de Bertamiráns a obra “A visita”. O elenco estará composto por Mirella Vázquez, Emilia Mayo, Anna Reig, Cris Botrán, Rosana González, Marichelo Cajide, Ilduara García, Pablo Núñez, Gene Martínez, Pablo Otero, Marisa Peña, Esteban Paz e Carmela Pardal.

Esta peza de Friedrich Dürrenmatt desenvólvese en Güllen, unha cidade que leva anos asolada pola miseria e a pobreza; coas fábricas e a industria pechadas, aos güllenses só lles queda vivir do recordo de épocas mellores. Porén, a volta ao fogar dunha antiga veciña, a millonaria Clara Zachanassian, enche de esperanza os corazóns de toda a poboación. Clara marchou da vila cando nova, e fixo unha fortuna no estranxeiro, converténdose nunha das persoas máis ricas do mundo. O destino de Güllen depende da súa visita.

Sábado, 15 de xuño de 2024

A Concellaría de Xuventude de Ames organiza, a través do programa Trouleando, unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. Será o sábado 15 de xuño e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.

Martes, 18 de xuño de 2024

O martes día 18, o alumnado máis novo da escola trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns. Ás 17:30 horas será a quenda do grupo infantil, con nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que abrirá a representación con “Contemos un conto”. O segundo grupo infantil, no que participa rapazada de entre 7 e 11 anos, interpretará “O bosque dos mil perdidos” ás 20:00 horas. Pechará a xornada o grupo xuvenil de maiores de 12 anos, con “Mórdeme”, ás 20:30 horas.

Martes, 18 de xuño de 2024

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 10 ao 18 de xuño, cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso. Os estudantes de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades. As audicións desenvolveranse sempre en horario de tarde, na aula 10 da propia EMMA.

Mércores, 19 de xuño de 2024

O mércores 19, o alumnado máis novo da Escola Municipal de Teatro chegará á Casa da Cultura do Milladoiro co grupo infantil de 3 a 6 anos, que novamente representará “Contemos un conto”, ás 17:30 horas; e co grupo infantil de 7 a 11 anos coa obra “O reino do derroche”, ás 20:00 horas. Xa ás 20:30 horas será a quenda do grupo xuvenil de maiores de 12 anos, que pechará a mostra coa representación de “Criaturiñas”.

Xoves, 20 de xuño de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Venres, 21 de xuño de 2024

O venres 21 de xuño, ás 18:00 horas, Alouette Machine levará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro "Fotografando as herbas de San Xoán". Dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos, trátase dun obradoiro no que se realizarán fotocomposicións empregando a luz do sol e a auga. Ademais servirán para ir aprendendo a recoñecer as herbas de san Xoán ao tempo que se pon en valor a lingua e o patrimonio cultural e ambiental.

Xoves, 27 de xuño de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Venres, 28 de xuño de 2024

O venres 28 de xuño, ás 18:00 horas, Pakolas levará á Casa da Cultura do Milladoiro o concerto "Rockeando coas máis molonas de Pakolas". Dirixido a público familiar, trátase dun concerto de humos no que aprender, cantar e gozar a ritmo roqueiro coas pezas máis molonas dos tres discos de Pakolas.