Avisos
Martes, 23 xuño, 2026
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no boletín 225/71GAL emitido o día 23-06-2026 ás 9:44h informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por temperaturas máximas e tormentas.
Luns, 22 xuño, 2026
No período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro (ambos incluídos), as oficinas de asistencia en materia de rexistro (OAMR) do Milladoiro e de Bertamiráns e o Padrón municipal modifican o seu horario de atención ao público:
Luns, 22 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos de Comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas para o curso 2026-2027. Para que a renovación sexa efectiva deberá emendar a solicitude no prazo de emenda (ata o 7 de xullo). Durante o mes de setembro non se admiten cambios.
Venres, 19 xuño, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Xuño Lúdico 2026 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 19 xuño, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Últimos días para inscribirse na visita aos lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía
Xoves, 18 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Turismo, organizou para o sábado 20 de xuño, ás 12.00 horas, unha visita ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns, que se enmarca dentro do programa de visita aos Lugares Rosalianos que marcaron a vida e obra de Rosalía. Ditas visitas están teatralizadas polos Quinquilláns. Esta actividade enmárcase dentro do convenio asinado polos Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón para promover a ruta As pegadas de Rosalía. Para participar hai que enviar un correo electrónico ao enderezo turismo@concellodeames.gal.
Xoves, 18 xuño, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 20 de xuño organízase unha degustación de tapas en tres locais hostaleiros de Ames, que serán elaboradas con produtos do mercado de horta e artesanía de Ames. Dita degustación ofrecerase nos restaurantes Onde Keiras, Tivolino e Mollos e Moios.
Mércores, 17 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que se adía a andaina saudable, que percorre o cuarto tramo da ruta da Ría da Estrela entre Noia e Fontefría.
Luns, 15 xuño, 2026
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2026, que se vai desenvolver no CEP Ventín, na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía.
Sábado, 13 xuño, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e da Promoción da Saúde, informa de que está aberto o prazo para inscribirse na cuarta etapa da ruta da Ría da Estrela, que se vai a realizar o sábado 20 de xuño. Nesta andaina vaise a percorrer o tramo que discorre entre Noia e Fontefría. Para esta actividade ofértanse 50 prazas.
- ‹ anterior
- 4 de 173
- seguinte ›




