Avisos
Venres, 4 xuño, 2021
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a publicación do resultado final do proceso selectivo para a selección e nomeamento dun/dunha responsable da Aula da Natureza do Concello de Ames.
Venres, 28 maio, 2021
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a publicación do exame, da plantilla de respostas e do resultado do primeiro exercicio da proba de oposición (cuestionario tipo test) para a selección e contratación de dous-dúas peóns para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal.
Venres, 21 maio, 2021
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o resultado do exame do primeiro exercicio da fase de oposición e da plantilla coas respostas correctas do proceso selectivo dun/dunha responsable de brigada para a formación dunha brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames.
Mércores, 5 maio, 2021
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a creación dunha bolsa de arquitectos/as técnicos/as do Concello de Ames.
Xoves, 22 abril, 2021
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de axudante de servizos varios-auxiliar notificador/a do Concello de Ames.
Mércores, 27 xaneiro, 2021
A Concellería de Promoción Económica informa que o punto de información para renovar a demanda de emprego, situado na Casa do Concello, non estará operativo temporalmente debido a unha avería. O que está sitúado na Casa da Cultura do Milladoiro segue dispoñible.
Mércores, 13 xaneiro, 2021
O servizo de orientación laboral do Concello de Ames e mailo Punto de información do Servizo Público de Emprego de Galicia, onde se pode renovar a demanda de emprego, cambian de localización e trasladáronse á Casa da Cultura do Milladoiro, no paseo da Igualdade, número 1. Ademais, cómpre lembrar que dende o 1 de xaneiro, as persoas que precisen renovar a demanda de emprego deberano facer a través da Oficina de virtual do Portal de Emprego de Galicia, da aplicación móbil MOBEM ou mediante chamada telefónica ao 012 ou 981 900 643.
Mércores, 23 decembro, 2020
A partir do 1 de xaneiro de 2021 a renovación da demanda de emprego xa non será automática e terá que realizarse de novo nas datas indicadas no documento informativo de renovación de demanda. Para facilitar o cumprimento deste trámite, e para que ás/os demandantes non teñan que achegarte a súa oficina de emprego, Emprego Galicia pon en marcha unha nova canle: a renovación da demanda de emprego tamén mediante un número persoal de identificación (habitualmente coñecido como PIN).
Luns, 9 novembro, 2020
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que se ofrece un servizo de consulta e asesoramento sobre asuntos relacionadas con emprego, comercio, PEMES e autónomos.
Mércores, 21 outubro, 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 15 de outubro de 2020 as bases da convocatoria de axudas de incentivos á contratación por conta allea para a inserción laboral para persoas participantes no taller dual de emprego “Renova Ames-Brión III”. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 15.000 euros. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables deberán presentarse no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña. Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes comeza este xoves, 22 de outubro, e estará aberto durante un mes.
- ‹ anterior
- 2 de 3
- seguinte ›