Pestanas principais

EMPREGO: Proceso selectivo para a cobertura dunha praza de auxiliar- notificador

Luns, 12 abril, 2021
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de axudante de servizos varios-auxiliar notificador/a do Concello de Ames.

Trátase dun proceso selectivo para a cobertura dunha praza de axudante de servizos varios – auxiliar notificador/a contida na oferta de emprego público do Concello de Ames de 2018 para a estabilización do emprego temporal. Consulta os resultados da segunda parte do segundo exercicio da proba de oposición (cuestionario de preguntas curtas sobre un suposto práctico a elixir entre dous propostos polo Tribunal). Concédese prazo de presentación de alegacións ao exame práctico da fase de oposición ata o día 15 de abril do 2021, inclusive.