Pestanas principais

Suspéndese a actividade presencial da Escola Municipal de Música

Mércores, 27 xaneiro, 2021
Debido ás novas restricións recollidas na ORDE do 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID- 19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e tendo en conta o establecido no punto 4.2 desta orde, suspéndese a actividade lectiva presencial durante o período a que se estenda a eficacia da medida, na Escola Municipal de Música de Ames.

Nestes días, desde a escola poñerémonos en contacto co alumnado a través da aplicación Tokapp, para dar a indicacións a seguir e poder iniciar as clases a distancia.