Pestanas principais

O vindeiro luns, 15 de setembro, comezarán as clases do curso 2025-2026 na Escola Municipal de Música de Ames

Xoves, 11 setembro, 2025
A Escola Municipal de Música de Ames dará comezo o vindeiro luns, 15 de setembro, as clases deste curso 2025-2026. Cómpre lembrar que, debido ás obras que se están a realizar no edificio da EMMA, a entrada debe facerse pola porta principal situada cara a Rúa da Ribeira.

A EMMA emprega a aplicación Tokapp para o envío de avisos, polo que se recomenda ao alumnado e/ou familias que descarguen esta aplicación no número de teléfono indicado na solicitude da matrícula.