Pestanas principais

O departamento de Persoal publica o proceso selectivo dun / dunha axente de innovación local

Mércores, 9 marzo, 2022
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o proceso selectivo para a selección e a contratación dun / dunha axente local de innovación, como persoal laboral temporal na modalidade de obra ou servizo, para a execución do programa Innova Ames.

O prazo de inscrición en dito proceso selectivo é de 5 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no BOP da Coruña.

Pódese seguir o proceso completo premendo neste enlace.