Avisos

Ex., 25-06-2025
Ex., 25-06-2025
Venres, 6 outubro, 2023
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 4 outubro, 2023
O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no Servizo de Normalización Lingüística municipal, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral nio ámbito da súa titulación.
Luns, 2 outubro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP coa relación de aspirantes aprobados/as propostos polo tribunal no proceso selectivo de 19 prazas de auxiliar administrativo (procesos de estabilización, prazas por concurso da disposición adicional sexta da lei 20/2021).
Luns, 2 outubro, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, ten aberto un prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.
Luns, 2 outubro, 2023
Unha vez rematado o primeiro período de inscrición, a Concellaría de Deportes abre o prazo para anotarse nas prazas libres das Escolas deportivas municipais 2023/2024. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición en clases”.
Sábado, 30 setembro, 2023
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Sábado, 30 setembro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Sábado, 30 setembro, 2023
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde organiza, un ano máis, as clases de taichi tradicional e de chi king, que se enmarcan dentro do novo curso da Escola de Saúde. Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso podes descargar os documentos de asignación de prazas, trala realización do correspondente sorteo, para a actividade de taichi e chi kung da Escola de Saúde.
Mércores, 27 setembro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio do Tribunal encargado de xulgar as probas para a estabilización de 19 prazas de auxiliar administrativo/a, no que se resolve o sorteo e se fai a proposta de nomeamentos por orde de puntos dos/as aspirantes.
Luns, 25 setembro, 2023
Dende hoxe, 25 de setembro, e ata o vindeiro sábado 30, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura para cativos e cativas na biblioteca do Milladoiro, "Merenda de contos". Haberá tres sesións de contacontos, que se celebrarán os días 3, 4 e 5 de outubro, sempre ás 17:30 horas, e que están dirixidas a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 530 807.