Avisos

Ex., 25-06-2025
Ex., 25-06-2025
Martes, 17 outubro, 2023
Dende o 9 ata o 24 de outubro de 2023 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2024. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).
Venres, 13 outubro, 2023
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 13 outubro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 13 outubro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da Saúde, informa sobre o resultado do sorteo para as actividades de ioga terapéutico que se van impartir en Bertamiráns (mañá e tarde) e no Milladoiro. As primeiras 12 persoas son as admitidas en dita actividade, mentres que as restantes quedan en lista de agarda. O ioga terapéutico impártese dentro da programación da Escola de Saúde e dará comezo o 23 de outubro. No pavillón polideportivo do Milladoiro terá lugar os luns e mércores, de 10:00 a 11:00 horas, mentres que en Bertamiráns será no Pazo da Peregrina, os martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas e os luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas.
Venres, 13 outubro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Medio Ambiente, informa de que queda adiada a actividade "Castaña que cae no camiño... é para o veciño", unha iniciativa programada pola Aula da Natureza para este sábado, 14 de outubro. Trátase dunha saída para recoller castañas que inclúe xantar, magosto e unha charla-coloquio. Proximamente será anunciada unha nova data de celebración.
Mércores, 11 outubro, 2023
Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico/a, funcionario/a de carreira, contida na oferta de emprego público 2022 do Concello de Ames
Mércores, 11 outubro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Medio Rural, informa da presenza dunha praga de vermes defoliadores de millo e gramíneas (Mythimna unipuncta) nalgunhas das parroquias amesás. Trátase dun lepidóptero, que, se ben no mes de outubro debería estar invernando, aínda se atopa presente entre a poboación por mor das altas temperaturas. Dende a Concellaría resáltase que estes vermes son inofensivos para as persoas, e que desaparecerán chegado o frío. A Consellería do Medio Rural non conta con ningún programa de fumigación para exterminar este tipo de pragas. Ao pé deste aviso pódese descargar un documento para coñecer os métodos de control da Mythimna unipuncta.
Luns, 9 outubro, 2023
Dende hoxe, 9 de outubro, e ata o vindeiro sábado 14, está aberto o prazo para inscribirse nunha nova actividade de animación á lectura para cativos e cativas na biblioteca de Bertamiráns, "Merenda de contos". Haberá tres sesións de contacontos, que se celebrarán os días 17, 18 e 19 de outubro, sempre ás 17:30 horas, e que están dirixidas a crianzas de entre 3 e 8 anos. Para anotarse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal, indicando nomes, apelidos, idades dos nenos/as e un teléfono de contacto. Tamén se pode chamar ao número 981 884 829.
Venres, 6 outubro, 2023
Xa está aberto o prazo de inscrición nas clases de ioga terapéutico que organiza a Concellería de Promoción da Saúde. Poderaste anotar ata o xoves 12 de outubro ás 14.00 horas, cubrindo o formulario de inscrición. Esta actividade impartirase no Milladoiro e Bertamiráns.
Venres, 6 outubro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.