Avisos

Ex., 25-06-2025
Ex., 25-06-2025
Venres, 22 setembro, 2023
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 setembro, 2023
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 21 setembro, 2023
A entidade Llega 700 púxose en contacto co Concello de Ames para informar á veciñanza de que durante as próximas semanas as principais operadoras de telefonía móbil van implantar en Ames os novos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, que se habilitan sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Dito proceso pode afectar á recepción do sinal de TDT. Para resolver posibles problemas na recepción da sinal TDT pódese chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999.
Xoves, 21 setembro, 2023
O alcalde de Ames, Blas García, vén de publicar un bando no que informa de que o vindeiro luns, 26 de setembro, terán lugar as obras de sinalización horizontal das fases I e III da améndoa central de Bertamiráns. Por mor destes traballos de sinalización, quedará prohibido o estacionamento a ambos lados dos viarios sinalados en cor vermello nas imaxes que se axuntan ao pé deste aviso.
Xoves, 21 setembro, 2023
O alcalde de Ames, Blas García, vén de publicar un bando sobre a prohibición de estacionamento, debido ás actividades da quinta edición da Semana Europea da Mobilidade, no aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro, o sábado 23 de setembro, dende as 14.30 horas ata as 20.30 horas.
Mércores, 20 setembro, 2023
Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentarse ata o día 13 de outubro enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames. Cada proxecto deberá ser presentado por unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Pódense consultar todos os detalles nas bases que regulan a Radio Cidadá, ligadas no pé deste aviso.
Mércores, 20 setembro, 2023
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que este mércores, 20 de setembro pola mañá, quedou resolta a incidencia informática que permite comprobar se dispós de praza nalgunha das modalidades ofertadas nas Escolas deportivas 2023-2024.
Martes, 19 setembro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a acta nº2 do Tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para a selección dunha (1) praza de profesor de guitarra, na que se anuncian as puntuacións definitivas dos aspirantes e se realiza unha proposta de contratación.
Luns, 18 setembro, 2023
O departamento de Cultura informa de que esta semana dan comezo as clases da Escola Municipal de Teatro de Ames. Mañá, martes 19, arrincará o curso o alumnado de Bertamiráns, mentres que o mércores, día 20, farao o do Milladoiro.
Luns, 18 setembro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira, arquitecto/a técnico/a, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).