Pestanas principais

Aprazada a actividade de Aula da Natureza "Castaña que cae no camiño... é para o veciño"

Venres, 13 outubro, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Medio Ambiente, informa de que queda adiada a actividade "Castaña que cae no camiño... é para o veciño", unha iniciativa programada pola Aula da Natureza para este sábado, 14 de outubro. Trátase dunha saída para recoller castañas que inclúe xantar, magosto e unha charla-coloquio. Proximamente será anunciada unha nova data de celebración.